QUEN SOMOS

¿QUÉ CHE OFRECE JOSCÓN CONSTRUCCIONES?

logo-sin-fondo

A empresa JOSCON comeza a súa andadura da man do seu fundador  D. José Conde, no ano 1998. Dende a súa creación e durante todo este tempo leváronse a cabo un gran número de obras civís, de construción e rehabilitación, área, ésta última, na cal estamos especializados.

Actualmente dispoñemos de persoal de obra propio, altamente cualificado e con anos de experiencia no sector, o que nos permite afrontar con éxito as obras máis complexas.

Tamén  dispoñemos dunha Oficina Técnica de apoio á actividade da construción e rehabilitación, o cal nos permite colaborar de maneira activa con estudos de arquitectura e enxeñaría na redacción dos distintos tipos de proxectos.

A piques de celebrar dúas décadas de experiencia, a empresa ten unha importante estrutura de medios técnicos propios, permitindo unha maior autonomía na optimización de recursos.

Derivada da súa experiencia, JOSCON está clasificada como contratista de obras pola XUNTA CONSULTIVA DE CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA DO MINISTERIO DE FACENDA e inscrita no REXISTRO OFICIAL DE EMPRESAS CLASIFICADAS DO ESTADO, requisito esencial en moitos contratos públicos de certa escala económica.

A empresa ten un forte compromiso coa calidade, a seguridade dos nosos traballadores e do medio ambiente, así como unas sólidas relacións cos nosos provedores. É por iso que, JOSCON ten implantado dende 2009, un SISTEMA DE XESTIÓN DA CALIDADE segundo a norma UNE EN ISO 9001 e un SISTEMA DE XESTIÓN DA SEGURIDADE E SAÚDE de acordo coa normativa OSHAS 18001, considerando tanto os aspectos fundamentais para mellorar a satisfacción tanto dos  clientes coma do persoal propio e subcontratistas.

Todo isto unido a unha filosofía de traballo orientada á calidade e excelencia, axúdanos a conseguir o noso principal obxectivo: proporcionar plena satisfacción aos nosos clientes e ter a súa confianza, verdadeiro pilar da nosa empresa.

AS NOSAS OBRAS

Se tes algunha dúbida ou queres solicitar un presuposto sen compromiso
CONTÁCTANOS